MÚSICA

Nesta xanela atoparás unhas suxestións musicais postas coa esperanza de que contribuian na túa vida relixiosa, na meditación, na introdución á oración ou, simplemente para estar nunha contorna de fe. Hai na nosa parroquia gustos e inclinacións distintos, queremos respetar esta diversidade con propostas variadas.




Sound by four&India Martínez "La fe de María"
https://www.youtube.com/watch?v=RBQJeG84nbo


Moi ao estilo da Música Evanxelica e de caracter sentimental, pero de rigor Católico .  A letra é inspiradora, testimonio do valiente exercicio de Fe da Virxe.
O grupo musical Sound by Four tivo éxito comercial, tiña un camiño fácil,mais escolleron retornar á música relixiosa, ás audiencias e espazos das comunidades de crentes.
India Martínez pon con gusto á súa preciosa voz ao servizo das suas crenzas.


NADA TE TURBE/ STA. TERESA Comunidad Taizé


https://www.youtube.com/watch?v=go1-BoDD7CI


A famosa meditación de Santa Teresa de Ávila; perderse nas palabras da santa a moitos garántenos entrar nun estado propicio para a oración, para o encontro coa palabra de Deus.
A Comunidade Taizé e un espazo interconfesional, nacido no marco da II Guerra Mundial, para orar e moi especialmente para orar pola paz. Esta preciosa interpretación representa ben a súa achega a obra de Deus.


SINFONIA Nº 3 2º mov. Henryk Górecki


https://www.youtube.com/watch?v=g5fg8-VWNo0


Na prisión da Gestapo, uns xudeos catolicos penan en atroz sufrimento, non lonxe da Paixon do Señor. Polas noites pregan a Deus, louban a Virxe en sinxelas pregarias. Esta composición musical usa eses lamentos, esas mensaxes de conmovedora primariedade como letra e inspiración. Estamos ante unha obra musical sen concesións, dura, que arrastra ao ointe a unha experiencia de fe extraordinaria, mais necesaria.
Henryk Górecki é un compositor dunha profunda fe católica que empapa a súa obra. Esta Sinfonía é capital para entender á musica clásica da segunda metade do século XX, moi popular cando, curiosamente, está construída contra os gustos e facilons recursos que atráen á popularidade.
Debe escoitarse con paciencia, penetra na alma lentamente.


Una canción para la comunión José Luís Bohorquez


https://www.youtube.com/watch?v=2NSeZ5QLCYI


Coñecida como "Ya no eres pan y vino" está sinxela canción cargada de dozura entronca coa tradición da canción melódica que renovou nos anos setenta e oitenta do pasado século a musica no culto. Especialmente idónea para acompañar á vivencia da comunión, pode servirnos para achegarnos a unha oración mais serena.
O noso coro parroquial ten feito interpretacións magnificas deste tema, lamentablemente non están gravadas polo que poño un enlace referido á mais popular interpretación.




"Ave María" Michael Lorenc


https://www.youtube.com/watch?v=aHDnkr2ZNbk


 Olga Szyrowa, Moscow Symphony Orchestra (1995)


A nomina de famosos compositores que teñen creado música para o "Ave María" é interminable; esta composición de 1995 amosa como o tópico da decadencia da música sacra é iso; un tópico.
Suma grandeza á música as imaxes do Magnificat do filme "Jesús de Nazareth" de Franco Zeffirelli; a forza da composición contrasta coas imaxes desta Virxe moreniña e humilde e co transcendental momento onde aos ollos de Isabel chega a revelación, nese momento música e imaxes alcanzan unha intensidade que ilustra a crentes pouco imaxinativos como a mín da importancia e grandeza da revelación que se produce no encontro entre ás dúas parientes.















































No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!