Un grupo moi reducido de persoas -tres ou catro matrimonios-, son as que senten a necesidade da presencia relixiosa no medio de todas estas inquedanzas, polo que se estableceu un primeiro contacto con Pepe Ferreiro, cura do Castiñeiriño, a onde pertencía a nova Urbanización. Isto ocorría alá polo mes de Marzo de 1984.
![]() | ||
A casa de Frankestein |
En Decembro do 86 vaise Pepe Ferreiro e encárgase, provisionalmente, da parroquia do Castiñeiriño, Alejandro Barral, con quen xorde a idea de buscar un solar e nos seguiu atendendo ata a chegada do novo párroco, Jesús Nieto, que segue ó noso lado.
Por fin, en Setembro do 89, noméase un cura con dedicación exclusiva para Os Tilos. Coincidindo cunha convivencia de comezo de curso coñecémonos e asumímo-lo compromiso de seguir adiante. Incorpórase nova xente como catequistas ou colaborando noutras actividades.
o 29 de Outono preséntase o párroco a toda a comunidade. Tratábase de Benjamín Roo Moledo e o proceso de construcción parroquial segue imparable e mesmo cun ritmo máis acelerado no medio dunha nava comunidade coas características urbanas de privacidade, pouca relación veciñal, despreocupación polo comunitario, xente xove sen tradicións relixiosas ou só coas de tipo socio-sacramental, na que é posible un novo estilo de parroquia. A tarefa é moita pero moi ilusionante.
Por fin, o día 6 de agosto de 1990, o Sr. Arcebispo, D. Antonio María Rouco Varela, decreta a creación dunha nova parroquia co nome de San Francisco de Asís dos Tilos.

A preparación dun boceto, anteproxecto e proxecto lévannos a poñe-la primeira pedra do complexo parroquial o día 26 de Abril de 1992.
As obras comezáronse axiña cunha xestión directa de nós mesmos, dirixida por dúas comisións, unha de economía e outra de obras que traballan coordinadas.
O noso obxectivo era a construcción dun complexo parroquial que acollese actividades relixiosas e sociais: un lugar digno, non luxoso, para o culto, así como locais para catequese, actividades da xuventude e terceira idade, incluído gardería infantil.Vanse contratando por partes e segundo se van tendo cartos, froito da extraordinaria colaboración de moitos fregueses que se comprometen con cotas fixas, o apoio xeneroso do arcebispado e algunhas outras donacións. Colaboracións que se manteñen firmes, despois de tanto tempo, na procura de alcanzar unha culminación feliz que xa se ve cerca.
Cando na data histórica do 2 de Xuño de 1996, día da inauguración da nova igrexa, miramos atrás coa sensación de alixeirar unha carga e satisfeitos polas etapas cumpridas de dedicación e esforzos continuados, renovámo-la ilusión ante unha nova parroquia que acada a súa "posta de longo" ben asentada nunha vivencia de fe, desenvolvida nunha comunidade con moitos retos por diante, como poden se-la trascendencia da nosa fe entre os irmáns, maior solidariedade, posta en marcha de mellores servicios, ó que -sen dúbida- debe axudarnos o novo centro relixioso e social.
Hai que resaltar o traballo sixelo e silencioso dos pais que foron os pioneiros da parroquia e que mantiveron a ilusión, salvando non poucas dificultades, pero cofiando sempre en que Deus estaba dando folgos. Moitas horas de reunións, oración e fraternidade. Foi unha etapa fermosa. Como poderíamos transmitir esta experiencia ós veñen detrás de nos?
ResponderEliminar