Remata un novo curso; curso académico para os estudantes; curso de
avaliación e programación para todos,
tamén para os cristiáns. Este ano os membros da Igrexa tiñamos e temos unha proposta moi importante, feita polo Papa Francisco; unha proposta, feita cruz, pois abrangue a nosa relación de Deus connosco e a nosa con Deus −é unha proposta vertical− e, ao mesmo tempo, é unha proposta horizontal, pois abrangue as relacións cos irmáns, especialmente cos máis desfavorecidos. Esta dobre
proposta ten moito de cruz porque se leva ás costas pero tamén porque é liberadora. Ao longo deste curso, invitóusenos e segue invitándosenos no que queda de Ano Santo a seguir as obras de misericordia.

Ata aquí a tarefa e, a partir de aquí, a avaliación:
- Notouse na miña vida que é Ano de Misericordia?
- Fun ou son quen de recoñecer que necesito da misericordia do Señor?
- Fun ou son quen de recoñecer que preciso da misericordia dos irmáns?
- Repasando as obras de misericordia, entran todas nos meus compromisos e actitudes de seguidor de Xesús?
Deus, noso Pai, é misericordioso pero gustalle ver que “o fillo volve á casa” e que “o fillo que está na casa acolle con misericordia ao irmán”.
Ao longo do verán e ata o vinte de novembro, en que remata o Ano Santo da Misericordia, temos a oportunidade de “exercer a misericordia” e, unha vez superada a avaliación, levala integramente nas nosa vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!