PERDOAR AS OFENSAS
Para comentar esta obra de misericordia, encontramos no Evanxeo de S. Lucas moitos textos que nos poden axudar; non en van se identifica este evanxeo como o da Misericordia.
Para comentar esta obra de misericordia, encontramos no Evanxeo de S. Lucas moitos textos que nos poden axudar; non en van se identifica este evanxeo como o da Misericordia.
Fixarémonos na
curación dunha muller en sábado: Lc 13,10-17. Xesús está ensinando na sinagoga,
ve a unha muller e dille: “Muller, quedas libre”. A muller non pode velo, está
encurvada, pero si que pode oílo. Libre da súa enfermidade, enderéitase. A muller,
ata aquel intre, non ten voz nin para laiarse nin para pedir axuda. Acepta esta
situación coa marxinación social e legal que comporta. Xesús fixouse
directamente nela e curouna. Ela ségueo e glorifica a Deus. Para Xesús é máis importante
liberar a muller da súa enfermidade que gardar o sábado, e incluso vai máis alá
porque lle recoñece todos os seus dereitos ao chamala filla de Abraham.
A actualidade do
Evanxeo constata a situación de tantas mulleres que dende sempre foron marxinadas,
afastadas de postos de responsabilidade,
etiquetadas e insultadas polo feito de ser mulleres.
Hoxe, Xesús,
segue liberando e acollendo as mulleres e nós temos o noso papel e a nosa
responsabilidade, pero debemos actuar como seguidoras e seguidores de Xesús. Recoñezamos,
na nosa oración, a nosa culpa por omisión e permisividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!