
Este camiño é tamén invitación permanente de Xesús que nos acompaña a sermos misericordiosos
cos irmáns e irmás en tantas e tantas oportunidades que se nos presentan ao longo dos días, concretamente no Advento.
Cando o día 8 de decembro se inaugure en Roma o Ano Santo da Misericordia e, aquí en Santiago, o fagamos o día 13, ás 5 da tarde, ábrese, unha vez máis, para nós, a dobre porta da misericordia: por unha banda, Deus Pai misericordioso acóllenos co seu perdón e, por outra, ábrese a oportunidade, sempre presente, de facer isto mesmo, como fillos do Pai Deus, exercendo a misericordia con e para con todos os irmáns e irmás.
“Aproveitemos este Ano Santo para abundar en Misericordia”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!