jueves, 4 de junio de 2015

VODAS DE PRATA PARROQUIAIS

No anterior boletín do mes de Maio invitábavos a unha reflexión ante as vodas de prata parroquiais, reflexión que se centraba nas características dos vintecinco anos de vida dunha comunidade: madurez, compromiso, experiencia, o realizado e o non realizado tanto a nivel individual como colectivo. Remataba o artigo facéndome e facéndovos unha pregunta: ¿Non vos parece unha boa ocasión, a das vodas de prata, para dar un paso adiante para formar parte das diferentes comisións e ofrecerte a servir á comunidade no teu tempo libre?

Pois ben, o primeiro gran acto desta celebración, será o 7 de Xuño, ó que todos estades invitados.



O segundo gran acto será o 4 de outubro, festa de S. Francisco de Asís, o noso patrón. Ese día celebrarao con nós o noso querido Sr. Arcebispo, D. Julián. Coincidirá co cume da celebración das vodas de prata e comezo do curso pastoral parroquial. Previamente teremos a asemblea parroquial preparatoria do novo curso, que será o 19 de Setembro, sábado, en horario de mañá.

¡Que bo colofón sería, aproveitando a presenza do Sr. Arcebispo, presentarlle a todos os colaboradores das diferentes actividades parroquiais e, ó mesmo tempo, a programación das actividades pastorais no novo curso 2015-2016!

Pensa, comprométete e participa na asemblea de comezo de curso e na gran celebración eucarística, ás 12 da mañá, do día 4 de Outubro e, logo, no compartir no salón de actos da Asociación. 

Benjamín

BOLETÍN DE XUÑO