miércoles, 20 de mayo de 2015

A Guardería

A parroquia dos Tilos está celebrando este ano as súas vodas de prata. O referente desta  parroquia é o Complexo Parroquial no que se aglutinan unha serie de servicios, non só os relixiosos,

Neste edificio non se saben os servicios que oferta ata que recorres todo o complexo. Unha destas plan­tas, a do soto, está adicada a Escola Infantil,  xestionada polo Concello de Teo, e cedida por este a unha empresa que é quen se ocupa de toda las tarefas educativas. Este servicio está a ser moi demandado polos pais e nais, dado que conta cun amplio horário de apertura, dende as 7,30 da mañá ata as 20,30 da tarde.

Conforman as súas instala­cións: a planta das aulas, cociña e servicios, patio cuberto e un patio aberto baixo frondosos carballos. Conta cun cadro de persoal altamente calificado e dunha grandeza humana formidable.

A Escola Infantil ocúpase, polo tanto, dos primeiros pasos na educación dos nossos nenos, que ós três anos irán a outros colexios. Da parte cultural-recreativa ocúpase a Asociación que desenvolve as súas atividades na planta intermedia do edificio. O ámbito relixioso-espiritual sitúase, localmente, na planta principal.

Con esta oferta de servicios, o edificio do Complexo Parroquial está expresando activamente  o  slogan da nesa parroquia: "Cos brazos abertos", Brazos abertos a todos de dentro e de fóra do ámbito parroquial baixo o patrocinio de San Francisco de Asís.

Benjamín Roo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!