Os ecos pascuais deben provocar en nós unha intensidade da
vivencia pascual. Ecos pascuais
reflectidos na fe viva e comprometida; ecos pascuais vividos nunha esperanza
activa e caracterizados por un estilo de vida alegre, ilusionado, capaz de contaxiar gañas de
vivir; ecos pascuais que, a semellanza das primeiras comunidades cristiás,
sexan chamada a compartir e a provocar a
expresión “mirade como se aman”. Ecos pascuais que nos inviten a
ser “constantes na oración, na súplica, na acción de grazas e en partir o
pan”.
Ecos pascuais reflectidos na imaxe que preside o altar maior da
nosa igrexa parroquial: A cruz superada sempre pola figura do Resucitado. Que esta escena se reflicta na nosa vida: que
os problemas, dificultades, etc., (cruces diarias) estean sempre iluminadas por
Cristo Resucitado.
Felices festas de Pascua de Resurrección!
Benjamín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!