miércoles, 7 de mayo de 2014

BOLETÍN MAIO 2014

Feliz mes de maio!

ECOS PASCUAIS

Hai quince días que celebramos, un ano máis, a Pascua de Resurrección. Á velocidade que van hoxe as noticias, parece que xa hai máis tempo deste gran acontecemento cristián. Cal é o problema? Que nos esquezamos tan rapidamente da Pascua de Resurrección impediranos vivir os seus efectos liberadores e de chamada a ser ”novos” nin sequera durante a cincuentena pascual


Os ecos pascuais deben provocar en nós unha intensidade da vivencia pascual.  Ecos pascuais reflectidos na fe viva e comprometida; ecos pascuais vividos nunha esperanza activa e caracterizados por un estilo de vida alegre,  ilusionado, capaz de contaxiar gañas de vivir; ecos pascuais que, a semellanza das primeiras comunidades cristiás, sexan chamada a compartir  e a provocar a expresión “mirade como se aman”. Ecos pascuais que nos inviten a ser “constantes na oración, na súplica, na acción de grazas e en partir o pan”


Ecos pascuais reflectidos na imaxe que preside o altar maior da nosa igrexa parroquial: A cruz superada sempre pola figura do Resucitado.  Que esta escena se reflicta na nosa vida: que os problemas, dificultades, etc., (cruces diarias) estean sempre iluminadas por Cristo Resucitado. 

Felices festas de Pascua de Resurrección! 


Benjamín.