1. Servir a Xesús nos seus “humildes irmáns” (VD 99).
Todo o que facemos ou deixamos de facer a un só deles, facémosllo ou deixamos de facerllo a El: “Tiven fame e déstesme para comer, tiven sede e déstesme de beber, fun forasteiro e hospedástesme, estiven espido e vestístesme, enfermo e visitástesme, no cárcere e viñestes verme”.
2. Anuncio da Palabra de Deus, reconciliación e paz entre os pobos (VD 102).
“No contexto actual é necesario máis que nunca redescubrir a Palabra de Deus como fonte de reconciliación e paz porque nela Deus reconcilia así todas as súas cousas (cf. 2Cor 5,18- 20; Ef 1,10): Cristo é a nosa paz (cf. Ef 2,14), que derruba os muros de división”. Fieis á obra de reconciliación consumada por Deus en Xesucristo, crucificado e resucitado, os católicos e todos os homes de boa vontade, han comprometerse a dar exemplo de reconciliación para construír unha sociedade xusta e pacífica.
3. A Palabra de Deus é a caridade efectiva (VD 103).
”É necesario prestar máis atención á relación que hai entre a escoita amorosa da Palabra de Deus e o servizo desinteresado aos irmáns; todos os crentes han de comprender a necesidade de converter en xestos de amor a palabra escoitada, porque só así se volve crible o anuncio do Evanxeo, malia as fraxilidades humanas que marcan as persoas”.
4. Anuncio da Palabra de Deus e a mocidade (VD 104).

“Na idade da mocidade xorden de modo irrefreable e sincero preguntas sobre o sentido da propia vida e sobre que dirección dar á propia existencia”. “A estes interrogantes, só Deus pode dar unha resposta verdadeira. Esta atención ao mundo xuvenil implica a valentía dun anuncio claro. Temos que axudar á mocidade a que adquira confianza e familiaridade coa Sagrada Escritura, para que sexa como un compás que indica a vía a seguir, para iso necesitan testemuñas e mestres que camiñen con eles e os leven a amar e a comunicar á súa vez o Evanxeo converténdose eles mesmos en anunciadores”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!