sábado, 4 de enero de 2014

UN NOVO ANO É UNHA NOVA OPORTUNIDADE

Fuente:  E-nklings
É certo que os días e as súas circunstancias non cambian porque cambiemos de ano, pero nunha sociedade como a actual, na que todo ou case todo o situamos no tempo, comezar un ano novo tamén se pode aproveitar para facer novos proxectos.

Os cristiáns estamos a celebrar o nacemento de Xesús, este acontecemento é para todos nós unha resposta a tantos interrogantes, especialmente, sobre as situacións de pobreza, de crise económica, de guerras, etc., que crean desgana, desalento e falta de ilusión. O Nadal, situado no contexto da vida persoal e social, debe servirnos para mirar cara a diante, é o gran acontecemento que nos invita a vivir con esperanza renovada cada día.

Recordade aquel dito: “Fai máis ruído unha árbore que cae que un bosque que medra”. O bosque, semella a historia. E certo que a historia está chea de moitos acontecementos difíciles de entender, que nos impiden ver as pequenas cousas de cada día que conforman a propia historia.

Fuente:  E-nklings
Mirándonos a nós mesmos, mirándome a min mesmo, tendo en conta a presenza do Señor entre nós (o Enmanuel), ¿que debo facer para que eu cambie e cambie, en consecuencia, a vida social non só da miña contorna senón tamén a historia de máis lonxe?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!