
Ós nenos/as se lles ofrece a posibilidade de escribirlle a papá Noel, ao que se representa de cor vermello e subindo, cal ladrón, polas ventás da casa. Como este costume non chega para ilusionar e vender ofértase días despois a chegada dos Reis Magos.
¿Onde queda o Nadal? ¿Qué queda do Nadal? A presenza de Xesús de Nazaret vaise relegando, pouco a pouco, a un puro interese comercial.
Para unha vivencia máis profunda de Nadal, convídovos a vivir os días de Advento como preparación ambiental e persoal do nacemento de Xesús.
Convídovos a que sexan días profundos de amor na familia e fóra dela. Nestes tempos en que tantas persoas e familias o están a pasar mal, fagámolos partícipes do gran amor de Deus: Xesús, faise un de nós, para que nos convertamos en amor para os demais, especialmente cos máis desfavorecidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!