Sei que nunca se acaba de peregrinar ata chegar á casa do Pai. Por iso dicimos que imos sempre de camiño.
A experiencia do “Camiño” acaba sendo unha experiencia de vida, cada recuncho e cada costa simula os momentos de dificultade e escuridade, así como cada outeiro, cada regato ou cada vista panorámica, simbolizan a abundancia e a louzanía dos mananciais de auga fresca que salta ata a vida eterna.
Pero tamén o encontro con un mesmo na soidade interior ou na escaseza suficiente dunha mochila case baleira, vólvense riqueza liberadora na abundancia dos froitos do Espírito que habita en nós.
![]() |
Foto: http://caminodesantiagoguide.org/ |
Unha experiencia modesta e humilde na fraxilidade dos nosos pés; o desexo dun bo camiño para o irmán que connosco vai; a mansedume dunha natureza que humaniza a mesma vida; a temperanza que modera o instinto de ser superior; o gozo que xorde do noso interior cando desde o monte divisamos a Catedral; a paz que se sente ao entrar apoiado no caxato polo parteluz do Pórtico da Gloria.
Esta é Compostela ao final do Camiño e esta a paz que inspira o encontro do espírito coa pedra modelada polo paso do tempo e o camiño trillado dos peregrinos aos que acompañou o noso Francisco de Asís en contacto coa natureza do Camiño, que tan belamente rezou no Canto das Criaturas,
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!