miércoles, 13 de noviembre de 2013

NOVEMBRO, UN MES ESPECIAL


Hai un refrán que reza así: “Bendito mes que empeza por Santos e remata con S. Andrés”. A este refrán hai que engadirlle que, dende a reforma do ano litúrxico, este mes remata o ano cristián coa solemnidade de Xesucristo, rei do Universo.

Comezar un mes celebrando a santidade como meta de tantos crentes que “lavaron o seu manto no sangue do Cordeiro” e rematando coa festa de Cristo, rei do universo, é unha invitación a reflexionar cal debe ser o balance que temos que facer cada un de nós como avaliación final dun ano máis. Asantidade é un estilo de vida guiado polo mesmo estilo de vida de Cristo. É un reto que se vai facendo realidade na medida en que Cristo é o noso referente cotián. O reinado de Cristo é un reinado de servizo e entrega ós demais; é un reinado de xustiza e de amor; é un reinado de paz dentro e fóra do noso corazón.

Novembro, trinta días, para recordar a tantas persoas que, coñecidas por nós, son un exemplo a imitar. Son santos anónimos pero santos. Cristo é o cumio de toda santidade, “o santo dos santos”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!