viernes, 15 de noviembre de 2013

AXUDA A CARITAS

Se queres axudar ao teu próximo, podes colaborar con Cáritas de diferentes xeitos :


  • Entregando alimentos non perecedeiros.
  • Ofrecendo productos de hixiene corporal ou para o fogar.
  • Facendo unha aportación económica o día dedicado a Cáritas na colecta ; tamén no buzón ao lado da porta principal da Igrexa…
  • Achegándote á reunión ou póndote en contacto con calquera membro do grupo.
  • Hai moitas formas de axudar e de comprometernos cos nosos irmáns.


“Cada vez que axudedes a un dos meus pequenos, axudadédesme a min“  -Xesús de Nazaret.


Marcial F. R.

SEGUIMOS PEREGRINANDO

É certo que os que estamos facendo o camiño francés a Santiago, comezado o día 21 de Setembro,
facémolo en nome propio pero tamén o facemos como parte da comunidade parroquial de S. Francisco de Asís dos Tilos. É de todos coñecido de que esta peregrinaxe, forma parte dunha especie de preparación das vodas de prata parroquiais no ano 2015.

No mes de Outubro fixemos dúas etapas; unha desde Triacastela a Sarria, e outra de Sarria a Portomarín. A experiencia está sento moi positiva a pesar dalgunhas dificultades climatolóxicas e dalgún momento de cansazo nese longo camiño.

Sempre comezamos cunha oración. En Triacastela na igrexa parroquial e en Sarria acolléronos os P. Mercedarios.  Ó rematar a terceira etapa atopámonos, en Portomarín, coa igrexa pechada, pero esperamos que, o día 9 de Novembro, poidamos comezar a cuarta etapa na histórica e bela igrexa parroquial deste fermoso pobo, que fora trasladada pedra a pedra da ubicación orixinal á beira do río cando se construíu o encoro de Belesar en 1962.


Dende esta tribuna do Boletín parroquial quero facer dúas invitacións: unha dirixida a cantos, superando non poucas ocupacións, facemos este camiño e a outra a tódolos membros da parroquia. Ós que peregrinamos, que o sigamos  facendo conscientes de que somos seguidores, 800 anos despois, dun ilustre peregrino, Francisco de Asís. El foi mensaxeiro da paz, respectuoso coa natureza na que vía en todo  a presenza da obra de Deus. Ós que quedades nos vosos fogares, seguindo coa actividade diaria, que tamén vos manteñades facendo realidade  a mensaxe do himno de San Francisco.

Onde queira que esteamos, sigamos sendo testemuñas do Señor seguindo  ás pegadas de S. Francisco de Asís.

Remato co saúdo franciscano: “Paz e Ben”.



miércoles, 13 de noviembre de 2013

NOVEMBRO, UN MES ESPECIAL


Hai un refrán que reza así: “Bendito mes que empeza por Santos e remata con S. Andrés”. A este refrán hai que engadirlle que, dende a reforma do ano litúrxico, este mes remata o ano cristián coa solemnidade de Xesucristo, rei do Universo.

Comezar un mes celebrando a santidade como meta de tantos crentes que “lavaron o seu manto no sangue do Cordeiro” e rematando coa festa de Cristo, rei do universo, é unha invitación a reflexionar cal debe ser o balance que temos que facer cada un de nós como avaliación final dun ano máis. Asantidade é un estilo de vida guiado polo mesmo estilo de vida de Cristo. É un reto que se vai facendo realidade na medida en que Cristo é o noso referente cotián. O reinado de Cristo é un reinado de servizo e entrega ós demais; é un reinado de xustiza e de amor; é un reinado de paz dentro e fóra do noso corazón.

Novembro, trinta días, para recordar a tantas persoas que, coñecidas por nós, son un exemplo a imitar. Son santos anónimos pero santos. Cristo é o cumio de toda santidade, “o santo dos santos”.



martes, 12 de noviembre de 2013

miércoles, 6 de noviembre de 2013

La Gloria del prójimo

"Entretanto la cruz precede a la corona y el día venidero es una mañana de domingo. Ha abierto una grieta en los muros implacables del mundo y se nos invita a seguir adentro a nuestro excelso Capitán (...). Tal vez a partir de ahora pueda pensar cada cual acerca de su propia gloria: difícilmente podremos pensar cada uno de nosotros a menudo sobre la del prójimo. La carga, el peso o la fatiga de la gloria de mi prójimo se colocaría diariamente sobre mi espalda. Se trata de un lastre tan pesado que sólo la humildad puede soportar. Las espaldas del orgullo se quebrarán bajo su peso. Es muy serio vivir en una sociedad de posibles dioses y diosas, recordar que la persona más estúpida y sin interés con la que podamos hablar puede ser algún día una criatura ante cuya presencia nos sintamos movidos a adorarla o una naturaleza horrorosa y corrupta semejante a la de una pesadilla.


Día tras día nos ayudamos de algún modo los unos a los otros a encaminarnos hacia uno de esos dos destinos. A la luz de esas aplastantes posibilidades el temor reverencial y la circunspección ante ambas deberían dirigir nuestra conducta y trato con los demás: nuestra amistad, amor, los momentos de juego y la actividad política. No hay gente vulgar. Nunca hemos hablado con un mero mortal. Mortales son las naciones, culturas, corrientes artísticas y civilizaciones. Su vida se parece a la nuestra como la de un mosquito. Los seres con quienes bromeamos, trabajamos, nos casamos, a quienes desairamos y explotamos son inmortales —horrores inmortales o esplendores inacabables".

C.S. Lewis
El Peso de la Gloria