Disponibilizamos online o bo e vello boletín da parroquia.
Que vos guste!
sábado, 12 de octubre de 2013
miércoles, 9 de octubre de 2013
ASEMBLEA PASTORAL PARROQUIAL
PROGRAMACIÓN CURSO 2013-2014
OS TILOS, 28 SETEMBRO 2013
Despois da oración e presentación presidida por Benjamín, comeza o debate e reflexión a partir do traballo do curso anterior.
I. REVISIÓN
Dentro da proclamación da Palabra, sinalouse quese comezara ben, pero ó final do curso repetíronse sempre os mesmos lectores.Pediuse reorganizar ós lectores e motivar a súa resposta, asignando a data con anterioridade e cun calendario.
Propónse que sexa o mesmo grupo de, lectores o que se organice, incluso, se fora posible, que semanal ou quincenalmente os voluntarios de reúnan para reflexionar sobre a propia Palabra e ser dignos portavoces. Non hai acordo pleno.
Hai moitos medios para coñecer a Palabra correspondente a cada domingo, pero tal vez falte reflexionar sobre ela.
Conclúese que se faga un "planning" para íncluír a todos os dispostos e que a propia Comisión de Liturxia concrete pasos.
En canto a que as celebracións sexan "vivas" hai a impresión de que o son, aínda que se admiten matices mellorables: que o coro non domine demasiado, que non se abuse dos solos e que se ensaie o pobo ou se anime, sobre todo cando hai cantos novidosos. Facilitar a resposta ó salmo cando non sexa cantada e manter as monicións ambientadoras ou motivadoras.
Debateuse de novo a cuestión dos nenos xuntos na misa ou cos país, pero en todo caso hai que motivalos e darlles protagonismo, polo menos nalgunhas ocasións especiais Celebración das Vodas de Prata parroquiais. Dar a coñecer con tempo as diferentes propostas:
• Peregrinación a Asís en 2015.
• Convocar a xente que pasou pola parroquia (contactar antes).
• Actos formativos ou de reflexión, valorar a súa oportunidade.
Valorar a xornada de oración mensual e tomar decisión ante a baixa asistencia.
Seguir a formación de catequistas: propón se inicia o curso cunha reflexión sobre a entrevista do Papa polo P. Antonio Spadaro, S.J. Director de La Cívíltá Cattolica. Aínda que hai un documento excepcional sobre o que merecería a pena reflexionar tamén: CARTA ENCÍCLICA LUMEN FIDEI DO SUMO PONTÍFICE FRANCISCO ÓS BISPOS,ÓS PRESBÍTEROS,ÓS DIÁCONOS, PERSOAS CONSAGRADAS E A TODOS OS FIEIS LAICOS SOBRE A FE.
A Comisión de Economía segue traballando na reparación do teito e fachada do complexo parroquial.
II. VALORACIÓN
Seguir avanzando nos signos e xestos de irmandade e de comunidade.Fomentar o encontro dos fregueses no adro despois da misa dos domingos; percíbese que cada vez participa máis xente.
Faise una reflexión longa sobre a Comisión de Caridade (Cáritas). Parécenos que o mellor signo de comunidade viva está na proximidade cos necesitados de axuda.
Falouse de valorar os casos que atendemos e axudar sobre todo en promoción e colaborar con emprendedores, orientándonos por medio de persoas técnicas. Estar atentos para evitar que a pobreza de volva crónica.
Tamén se fixo referencia á cooperación que sempre tivo a nosa Cáritas parroquial coa interparroquial de Santiago e que agora ó mellor chegou a hora de pedirlle a ela algunha axuda. Os recursos da parroquia son escasos ou non suficientes. Haberá que motivar un pouco máis ós fregueses e incluso facer un comunicado escrito que reflicta as necesidades, a alternativa dos petos e con información xeral, a ver se se poden motivar as colectas económicas, que son baixas.
III. PLAN
Como pro posta considérase a de fixar algún compromiso persoal revisable. Concrétanse algúns como:• Servizo de caridade persoal ou dentro do grupo de Cáritas.
• Comunicar que faltan colaboradores para ir ó Cottolengo.
• Colaborar no servizo de comedor durante o mes de agosto.
Tamén se deixou unha interrogante sobre se se notou o Plan Pastoral Diocesano durante os dous primeiros anos do trienio, se serven para algo os leccionarios que se distribuíron na parroquia para este ano e a celebración do Ano da Fe.
Proponse considerar a posibilidade de expoñer de novo a Biblia neste tempo que falta para completar o Ano da Fe e como signo de inicio do curso distribuír un pan para compartir identificado cun servizo dos moitos que hai na Igrexa e na sociedade.
Avanzar na reflexión sobre a terceira etapa do Plan Pastoral 2013-2014 "Polos seus froitos coñecerédelos" que fai propostas moi concretas, para valoralas e asumilas. Este curso está máis centrado no servizo de caridade.
Actividades próximas:
• Asemblea diocesana de pastoral: 5 de Outubro no Colexio La Salle.
• Festividade do patrón San Francisco: 6 de Outubro na parroquia (festa do compartir).
• Asemblea de Cáritas diocesana: 19 de Outubro.
martes, 8 de octubre de 2013
ENTREVISTA AL PAPA

Para más información, leer el post: http://infocatolica.com/blog/coradcor.php/1310070752-el-contenido-de-la-entrevista
La entravista la podéis leer aquí:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)