Utilizando o símil do curso académico, propóñoche que ti e mais eu fagamos unha avaliación do curso, próximo a rematar. Unha avaliación que recolla tódalas dimensións da nosa vida persoal e social: como pai/nai, como fillo, como veciño, como persoa en activo, xubilada ou sen traballo, como estudiante ou como persoa cristiá.
En tódalas dimensións precisamos educarnos, ou sexa “instruírnos”. Nunca estamos alimentados de todo. Precisamos revisar a nosa alimentación. Non podemos ser bos “educadores” se non revisamos que tipo de alimentos conforman a nosa dieta diaria. Non podemos manternos fortes se non facemos unha analítica sobre as nosas capacidades e as nosas obrigas. Non podemos ser críticos coa sociedade e cos demais se nós mesmos non somos críticos con nós mesmos.

Remato esta proposta: ¿Cal será o resultado desta avaliación final? ¿Coincidiría a miña nota final coa nota de Xesús? ¿Que debo facer para mellorar? O cambio depende de cada un de nós, pois a axuda do Señor está garantida.
¡Feliz verán, e axudemos ós demais a ser felices!
Benjamín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!