viernes, 17 de mayo de 2013

OS DONS DO ESPÍRITO


O último domingo de maio remata, neste ano, o tempo pascual, coa festa de Pentecoste, a festa coa que
Xesús cumpre a promesa de enviarnos o Espírito Santo. Este Espírito significado nos sete dons sempre foi necesario pero, se cabe, hoxe máis ca nunca. Os cristiáns, a pesar de que o Espírito de Xesús non nos abandona, tamén vivimos momentos de falta de fe, de confianza no Señor, e precisamos avivar esta lámpada para poder iluminar a escuridade do mundo. Precisamos case “desesperadamente” a esperanza para superar as tentacións do pesimismo e do cansazo, e poder ofrecerlle ó mundo razóns para soñar, para camiñar e estimular novos folgos. Precisamos do amor, pois segue sendo a materia pendente con Deus e cos irmáns. Precisamos espírito de  oración pois “non sabemos rezar como convén, pero o Espírito vén na nosa axuda”. Necesitamos fortaleza e así ser valentes para predicar a Xesucristo nun mundo que está de volta da cultura relixiosa. Nun mundo impaciente e estresado, nunha sociedade marcada polas présas e os resultados inmediatos, precisamos da paciencia, que é a esperanza do “sementador”, pois o noso non é tanto recoller froitos canto sementar e esperar pacientemente. Nestes momentos en que a alegría está tan ausente nas nosas familias, en tantas persoas que non son capaces de ver o final do túnel, precísase recibir e contaxiar alegría e, así, rexeitar a tristeza.

http://oldandnewproject.com/portfolio/tongues-of-fire/

Que este ano, o Pentecostés non remate en nos co final do tempo pascual, pois o Espírito de Xesús chega para quedar con nos e en nos, e contaxiar, con el, ós demais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!