
Vintecinco anos de vida. A vida da parroquia non tería sentido se non vivifica, se non dá vida.
Foron anos dun traballo dedicado a dar vida, a anunciar a VIDA con letras grandes que é Xesús.
Non foi pouca a xente que pasou pola nosa parroquia dende aqueles momentos en que non só a parroquia, senón as urbanizacións que territorialmente a compoñen, estaban no proceso da súa formación. Que momentos! ¿Acórdanse dos problemas do transporte, da auga, o bloqueo da estrada a Santiago? A Igrexa nos Tilos non foi allea. Estaba en primeira fila. O piso do cura foi durante tempo o lugar onde se reunía a asociación de vecinos, onde se xestionaba o transporte, onde se acordaba o qué facer ante tanto problema acumulado. A parroquia neste tempo estivo en primera líña cedendo locais ó concello para a gardería, a asociación cultural, o inicio da primeira biblioteca, das primeiras actividades.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!