jueves, 3 de enero de 2013

PREGÓN DE FESTAS DO ANO


A gloria do Señor manifestouse en Belén e seguirá manifestándose entre nós, ata o día do seu retorno
glorioso.

Por iso vos anuncio con gozo, irmáns e irmás, que así como nos alegramos nestas festas de Nadal, nos alegraremos tamén na gran celebración pascual da Resurrección do noso Salvador.

Así pois, sabede que este ano a Coresma que nos prepara para a Pascua, comezará o 13 de febreiro, Mércores de Cinza, e do 29 ao 31 de marzo celebraremos con fe o Triduo Pascual da morte, sepultura e resurreción do Señor Xesús.

O día 31 de marzo será a Pascua, a festa máis grande do ano. E despois de 50 días como culminación dos días pascuais, o domingo 19 de maio, celebraremos a solemnidade de Pentecoste, o don que Xesús resucitado fai á súa Igrexa: o seu Espírito Santo.


Cada domingo nos reuniremos para celebrar a Eucaristía conmemorando a resurrección do Señor, e veneraremos tamén a memoria da Virxe nas súas festas, e de todos os irmáns santos e santas que nos acompañan no noso camiño.

E xa rematando o ano, o día 1º de decembro, iniciaremos un novo ano litúrxico coa celebración do domingo primeiro do Advento.

A Xesús toda honra e toda gloria por sempre eternamente.

Amén!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!