martes, 18 de diciembre de 2012

A PALABRA DE DEUS - Decembro


Xustamente, o día 1º de decembro, despois da hora nona, comeza o novo tempo de Advento.

A cor dominante é a morada que significa especialmente tempo e penitencia, de dor e de conversión co cal xa está dito o sentido que ten este tempo para un cristián. Hai anos había unha cor especial, rosada (unha mestura de morado con branco), que se empregaba nas celebracións do terceiro domingo de Advento, “Domingo Gaudete”, para indicar que a penitencia e a austeridade conducía á alegría de Nadal, cuxa celebración xa estaba próxima.

Fuente: diocesisdecanarias.es

Outro símbolo moi usado consiste na coroa de advento ou unha raíz seca, como facemos na nosa parroquia. Tanto na coroa coma na raíz hai catro velas que representan cada semana de Advento e se van acendendo progresivamente anunciando a proximidade de Nadal.


  • No primeiro domingo domina a idea de que chega o Mesías prometido e con el a nosa liberación; 
  • No segundo que debemos estar limpos e sen tacha para acadar a salvación de Deus que nos chega con Xesús; 
  • terceiro, como diciamos, é de certa alegría pola proximidade do gran acontecemento en Belén, como tiñan anunciado os profetas: “o Señor xa chega”; 
  • Para chegar ao cuarto que nos sitúa na antevéspera de Nadal para caer na conta do significa do profundo do nacemento de Xesús que nos fai exclamar: “Aquí estou para facer a túa vontade”.



parroquiadostilos.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!