domingo, 18 de noviembre de 2012

ANÍMATE A PARTICIPAR


Unha comunidade será máis activa se a participación dos seus membros é mais comprometida. A vida activa dunha comunidade parroquial terá máis presenza no entorno social onde esta se atope na medida en que os seus membros vivan máis implicados no desenvolvemento das actividades pastorais dela.


Na nosa parroquia hai unha serie de ministerios pastorais que tratan de facer máis próxima a misión do Evanxeo: Cáritas, Evanxelización (catequistas), Animadores das celebracións litúrxicas, Administración da economia parroquial e, a partir deste ano, unha Comisión encargada de preparar as vodas de prata da nosa parroquia (2015).

Cando se nos invita a participar na vida parroquial ten como finalidade facer da nosa parroquia unha parroquia que sexa testemuña dentro e fora das celebracións e vida parroquiais.

Todos podemos facer algo polos demais. Os nenos/as, os mozos/as, as persoas adultas, os maiores, cadaquén segundo as súas capacidades, podemos facer da nosa comunidade unha parroquia máis viva e máis comprometida.

Non teñas vergoña nin medo a dar un paso adiante no teu compromiso pois ten a seguridade que o Señor che axudará a levar adiante a túa entrega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!