viernes, 30 de noviembre de 2012

A PALABRA DE DEUS - NOVEMBRO


Co remate do mes tamén acaba o Ano Litúrxico, é dicir, un ciclo no que os cristiáns, axudados pola Liturxia, celebramos os feitos máis importantes da historia da salvación neotestamentaria que comeza coa presenza de Xesús entre nós: nacemento-infancia de Xesús, o testemuño da súa Palabra e da súa Vida, a entrega por nós na Cruz e a súa Resurreción como victoria definitiva.

Aparece a idea dun “rescate pagado por Xesús coa súa Morte e Resurrección” que lle dá un dereito sobre os salvados, de aí a celebración do último domingo do mes coa solemnidade de Xesús Rei do Universo.


Durante este ano, dentro das celebracións dominicais ou dos días festivos, tamén fomos celebrando algunhas festas da Virxe María, como peza clave desta historia de salvación ou dos santos máis importantes o máis unidos á nosa historia, como testemuñas e modelos para o camiño que a nós nos toca percorrer.

Camiñamos ao encontro con Deus e á meta chégase polo amor (domingo 4), a xenerosidade é o maior signo de amor ao modo de Xesús, como el nos descobre ao valorar o exemplo da viuva (domingo 11), así é como acadamos a salvación  e ao fin dos tempos “os elixidos seremos reunidos desde os catro ventos do cabo da terra ata o cabo do ceo” como xa anunciara o profeta Daniel (domingo 18), para cosumar a realidade do Reino de Deus a través de Xesús que xa dixera que “o seu Reino non era desde mundo” (domingo 25).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!