martes, 9 de octubre de 2012

UN PASEO POLA BIBLIA (parte 5)


21- O SEGUNDO ISAÍAS (I)
Isaías
Os capítulos que van do 40 ó 55 do libro de Isaías reciben o nome de "Libro da Consolación", debido ás súas palabras iniciais ("Consolade,consolade ó meu pobo… "); o tema do consolo aparece tamén no resto dolibro (p.ex. 43, 1 - 3). Do seu autor non se coñece o nome, chamámoslle segundo Isaías ou Deutero-Isaías.

Predica ós xudeus desterrados no tempo comprendido entre os primeiros éxitos de Ciro (546 a. C.) e a súa conquista de Babilonia (539 a. C.)

22 - O SEGUNDO ISAÍAS (II)
Os capítulos que van do 40 ó 55 do libro de Isaías refírense ó anuncio da liberación por medio de Ciro e do retorno a Xerusalén. Hai un novo éxodo. Deus apiádase do seu pobo, rescátao e faino saír de Babilonia, condúceo a través do deserto ata entrar na terra das promesas. O deserto xa non ten carácter probatorio, senón que é un paraíso por onde marcha alegremente a comunidade.

É importante destaca-lo universalismo de Isaías: a salvación non se dirixe só a Israel, senón a tódolos pobos (45, 12; 54, 9). Dos capítulos 49 ó 55 trátase da reconstrucción e restauración de Sión. Xerusalén aparece como esposa fiel e cidade universal. Retomando imaxes de Oseas e Xeremías, descríbese a restauración coma un encontro entre o Deus esposo e a cidade esposa.

23 - O SEGUNDO ISAÍAS (III)
Os cantos do servo sufrinte (42, 1 - 7; 49, 1 - 7; 50, 4 - 9; 52, 13 -53, 12) desempeña, na segunda prte do libro, un papel semellante ó de Ciro na primeira.

Ciro trae a salvación temporal, a liberación de Babilonia. O Servo trae a salvación eterna. Ciro basea o seu poder nas armas. O Servo, modelo de debilidade e de non violencia, conta tan só co poder do sufrimento, pero a súa victoria é máis duradeira que a de Ciro. Nunca antes no Antigo Testamento se tiña falado do valor redentor do sufrimento.

24- PANORAMA HISTÓRICO
No ano 539 a.C., Ciro, rei dos persas acaba co imperio neobabilónico. Os persas respectaban as identidades nacionais dos pobos sometidos. Así, no 538, promulga un edicto no que ordena a reconstrucción do templo de Xerusalén á conta do goberno persa (Esd 6,3 - 5).

No tempo de Darío I (522 -468) viviron os profetas Axeo e Zacarías. Axeo impulsa a reconstrucción do Templo que é dedicado no ano 515 (Esd6, 15-22). Había moita tensión entre os repatriados de Babilonia, que se consideraban a si mesmos "o resto" fiel, e os que permaneceran en Xudea.

  • O rei Artaxerxes I envía a Nehemías a reconstruir as murallas de Xerusalén.
  • Baixo o reinado de Artaxerxes II (404 - 359) chega a Xudea Esdras, o fundador do xudaísmo.
  • Alexandro Magno (353 - 323) destrúe o imperio persa e con el comeza a época helenística. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!