viernes, 5 de octubre de 2012

A CELEBRACIÓN DA PALABRA DE DEUS E A COMUNIDADE PARROQUIAL


A PALABRA DE DEUS é, dende o curso pasado, o centro do trienio pastoral da nosa diocese. O curso pasado centrámonos na palabra de Deus anunciada e este ano centrarase na Palabra de Deus celebrada. Con tal motivo fomos invitados, polo Sr. Arcebispo, á Asemblea diocesana, o pasado día 22 de Setembro. Foi unha xornada moi interesante, co salón de actos do Colexio La Salle cheo de participantes.

O gran reto que ten a familia de seguidores de Xesús non consiste só en coñecer a Palabra de Deus, senón en anunciala, en celebrala e en testemuñala.



Para programar este encargo da Asemblea diocesana, a nosa parroquia foi convocada a unha asemblea, o pasado sábado, día 29. Estivemos, ademais de rezar, facendo propostas e concretando accións de cara a este curso 2012-2013. Propostas nacidas na Asemblea diocesana e outras xurdidas na nosa Asemblea, iranse facendo públicas nas nosas celebracións, no boletín parroquial e na páxina WEB.


Ademais, fomos invitados polo Sr. Arcebispo á celebración do comezo do ANO DA FE, proclamado polo Papa (11 de Outubro 2012 - 24 de Novembro 2013), con motivo do 50º aniversario da inauguración do Concilio Vaticano II. A celebración inaugural desta efemérides será o 12 de Outubro, ás 12 da mañá, na Catedral de Santiago. Nesta celebración tamén se anunciará o Sínodo Diocesano.




Máis ca nunca os crentes  temos que  saír a anunciar a Palabra, temos que celebrala. Non se trata só de expresar a miña fe dun xeito individual, debemos vivila na comunidade humana e eclesial.

A Palabra e a Igrexa, a Igrexa e a Palabra son un binomio inseparable. A nosa parroquia, comunidade eclesial, debe beber desta fonte para descubrir a importancia de ser testemuño humilde pero vivo na sociedade.

Unha aperta. ¡Necesítovos!

Benjamín

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!