7 - PEQUENA RECAPITULACIÓN
Para retomar o xa dito poñemos este pequeño
resumo:
- A Biblia é un conxunto de libros que comprenden a revelación de Deusós homes a través da historia do pobo de Israel.
- Ten dúas partes: AT e NT. O AT abarca desde a Xénese ou principioata eu comeza a era cristiana, e o NT vai desde Xesús nos evanxeos ata aApocalipse como último libro.
- Os libros están divididos en capítulos e versículos, que figuran numerados como tales, e para citalos úsase ademáis o nome do libro pola súa abreviatura, p.ex: Mt 2, 3 - 7 (Mateo, capítulo 2, versículos do 3 ó 7).
- Na Biblia hai diversas maneiras de falar e de escribir, por iso dise que hai diversos xéneros literarios (poesía, historia, lendas, mitos,...).
- O pobo de Israel comeza con Abraham e os seus descendentes, de Isaac,Xacob (Israel) e as doce tribus de Israel.
![]() |
Fuente: The Brick Testament |
8 - ÉXODO, NÚMEROS, DEUTERONOMIO
No libro do Éxodo atopamos:
- a liberación de Exipto (11 - 15, 21)
- a marcha polo deserto (15, 22 - 18, 27)
- a alianza do Sinaí (caps. 19 e ss)
Estes temas tamén aparecen no libro dos
números e no Deuteronomio.
Os hebreos eran oprimidos en Exipto e a súa
saída daquel país tivo lugar en torno ó ano 1250 a.C. Este é o nacemento do
pobo de Israel: "Eramos escravos e Yahveh sacounos de Exipto con man
forte" (Dt 6, 21). Hai dous relatos da vocación de Moisés: Ex 3, 1 -20 (o
máis antigo) e Ex 6, 2 -13 no que aparece a teoloxía da alianza vv. 7 - 8. En
ámbolos dous revélase o nome de "Yahveh", que antes non era coñecido
(Deus era "o Deus dos pais" ou "El Sadday").
9 - A PASCUA NO POBO DE ISRAEL
A Pascua era unha festa pastoril moi antiga
que marcaba o final do inverno e a partida cara ós pastos da primavera. No
Éxodo dáselle unnovo sentido: saída da escravitude, salvados por Yahveh.
O pobo de Israel pasa 40 anos no deserto antes
de entrar na Terra Prometida. Desde entón o Deserto é o lugar da proba e o
lugar do encontro con Deus. Moito máis tarde os profetas verán a vida no
deserto coma un ideal perdido (Os 2, 16)
9 bis - HISTORIA
Antes de comezar o estudio dos profetas convén
ter unha idea da historia de Israel.Despois da saída de Exipto e os anos
pasados no deserto os israelitas establécense en Canán (Xos, Xui). De nómadas
pasan a ser labregos sedentarios. Isto ten graves repercusións relixiosas, como
o culto ó deus canaeo Baal, para propiciar a fertilidade da terra.
Cara ó ano 1020 a.C. instáurase a monarquía co
rei Saúl. O seu sucesor, David, conquista Xerusalén e fai dela a capital do
reino. Con David, Israel acada a súa máxima expresión territorial. O seu fillo
Salomón constrúe o Templo. No seu tempo aumenta considerablemente a riqueza,
ero tamén os impostos e a opresión dos máis pobres. Á sua morte no ano 931 a.C.
o reino divídese en dous ó sur o reino de Xudá, ó norte o de Israel. Nestes
séculos acada o seu apoxeo o movemento profético. O reino de Israel desaparece
no 722 a. C. conquistado polos asirios. O de Xudá é destruido por Nabucodonor
no 586 e comeza o desterro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!