1 - A BIBLIA
A Biblia católica ten 72 libros. Aquí soamente
dicir que os seus cinco primeiros libros, así en conxunto, chámanse Pentateuco
(cinco libros), e cada un deles ten o seu nome: Xénese (Xn), Éxodo (Ex),
Levítico (Lv), Números (Num),Deuteronomio (Dt)
2 - DIVISIÓN DOS LIBROS
Avanzando un pouquiño sobre a BIBLIA, imos
dicir soamente como se dividen os libros. Así, diremos que están divididos en
capítulos e versículos. Os capítulos indícanse en números grande ou máis
marcados e os versículos en números pequenos ou menos marcados.
Para a citas bíblicas empréganse abreviaturas.
Por exemplo: 1 Pe 3,18-22 significa Primeira carta ou epístola de Pedro,
capítulo 3,versículos do 18 ata o 22.
3 - A SUA ESTRUTURA
Na Biblia advírtense repeticións, cortes,
anacronismos, mesmo contradiccións. Isto é así porque a Biblia foise escribindo
durante séculos. Durante xeracións só houbo tradicións orais, que non empezaron
a poñerse por escrito ata os tempos da Monarquía (ano 1000 a.C.).
4 - TRADICIÓNS
Seguindo na mesma línea engadimos que no pobo
de Israel durante séculos houbo unha tradición oral. A partir da monarquía
(a.1000 a.C.) esa tradición comeza a poñerse por escrito. Este traballo levou
séculos. Podemos distinguir no Pentateuco (5 primeiros libros) tres correntes
de tradición:
Yahvista (J)
Chama a Deus "Yahveh" ou Jeová que é
un barbarismo de Yahweh; dá unha visión optimista, un Deus familiar. Tivo a súa
orixeno sur (Xudá) no tempo do rei Salomón (s. IX a.C.)
Elohista (E)
Chama a Deus "Elohim". Orixinaria do
reino do norte( Israel ) ss. VIII-VII a.C. Presenta un Deus trascendente e
resalta as esixencias morais.
Sacerdotal (P)
Reformula as tradicións (s. V a.C.). Céntrase
no templo, a lei, o culto. Presenta un Deus grandioso. Compara Gen 2,4b-25 (J)
con Gen 1, 1-2,4a (P)
5 - XÉNEROS LITERARIOS
Na Biblia hai distintos xéneros literarios,
con cadansúas características. Non podemos pedir rigor histórico a unha poesía
ou un mito. Así, atopamos discursos (Jos 23), mitos (Gn 6,1-4), cancións (Ex
15) liturxia (Ex 12, 1-28), códigos legais (Dt 12 - 26) etc. A aplicación
correcta do xénero literario nun determinado texto permite comprender pasaxes
difíciles e afirmacións contradictorias.
![]() |
Fuente: The Brick Testament |
6 - OS PATRIARCAS
Desde a 2ª metade do 2º milenio a.C. grupos de
pastores seminómadas saen de Mesopotamia e establécense en Palestina: O clan de
Xacob no norte e no sur e os clans de Abrahán e Isaac no sur, todos sempre en
torno a lugares sacros tamén chamados santuarios, son lugares onde tiveron unha
profunda experiencia relixiosa. Así no norte aséntase o clan de Xacob en torno
ós lugares de Penuel e Betel, no sur en torno a Bersheva; o clan de Abrahán no
sur: en Mambré, Bersheva, Moriá, e Hebrón.
Tódolos clans patriarcais compartían a promesa
de unha terra e unha descendencia numerosa.
Abraham representa ó home de fe. Sen terra,
sen fillos, ancián e cunha muller estéril cre nas promesas de Deus.
Continuará...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!