domingo, 10 de junio de 2012

O MES DO AMOR


Neste mes celébranse dúas grandes solemnidades, a da Santísima Trinidade e a de Corpus. A primeira achéganos ao misterio do AMOR de Deus que ten como preferencia ás persoas: creando para elas un espazo de liberdade e de felicidade e poñendo no seu corazón unha semente de AMOR que se ha transmitir como a mellor mensaxe creadora, un Deus Pai que tamén é providente, é dicir, coida dos seus e trátaos coma fillos; nesa festa tamén aparece o seu Fillo que se entrega con infinito AMOR para salvarnos e que permanece connosco na Eucaristía, como alimento (festa de Corpus), amigo e guía que sempre nos acompaña; así mesmo aparece Deus Espírito Santo que, como lembramos en Pentecoste, nos fortalece e ilumina para que nos manteñamos fieis no camiño do AMOR.

Deus é AMOR.

Tamén coincide neste mes a festa de tres santos moi importantes dentro das celebracións litúrxicas: San Xoán Bautista, que preparou o camiño de Xesús, anunciando a chegada do Mesías Salvador, cunha vida de austeridade invitando a todos á conversión. Por outra parte está a festa de dous grandes apóstolos, San Pedro, a quen Xesús escolleu sendo pescador no mar de Galilea para constituílo como cabeza da súa Igrexa, e a San Paulo no camiño de Damasco cando aínda non comprendera a verdadeira mensaxe de Xesús, para converterse logo nun apóstolo que anunciou sen parar a Palabra de Deus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!