viernes, 1 de junio de 2012

FORMACIÓN PERMANENTE DO CRISTIÁN


A sociedade actual evoluciona tan rapidamente que acontecementos, coñecementos e técnicas de hoxe, mañá están anticuadas; tanto así que cousas, que ata hai pouco eran de uso cotián, hoxe son descoñecidas, p. ex. ningún mozo se acorda xa da peseta, mentres que os adultos aínda calculamos os prezos de custo en pesetas. Así poderiamos poñer máis exemplos.

Fuente: http://www.christianindex.orgOs mestres actualízanse, os médicos están en permanente formación, os mecánicos informatízanse, ¿e os cristiáns? Vivimos cos coñecementos adquiridos, na maioría dos casos, na preparación para a primeira comuñón. Son os menos os que seguen formándose despois da recepción deste sacramento.

¿Estamos realmente formados os cristiáns a nivel doutrinal e a nivel moral para afrontar os retos do mundo nos que estamos nos tocou vivir? Non podemos dicir que non temos tempo para algo tan importante, e logo buscamos tempo para outros ámbitos.

Neste intre da historia no que problemas de profunda envergadura están afectando tanto á sociedade, ¿que podemos e debemos dicir os cristiáns? Para iso é necesario estar formados e ben informados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!