![]() |
A Inmaculada por Giovanni Battista Tiepolo |
O mes de Maio é tamén o mes do remate pascual coa festa de Pentecoste, precedida pola Ascensión do Señor á casa do Pai.
Aquí, na nosa comunidade galega, tamén é o mes das Letras Galegas, festa da lingua ou festa da identidade dun pobo milenario. Deberiamos recuperar e potenciar a nosa fala, especialmente esquecida nas familias e na relación entre os seus membros: “meu filliño”; “graciñas”; “miña nai”; “boas noites”; “ata mañá”; “un biquiño”; “quérote”, “adeus”, etc. Todas estas expresións teñen moito de profundidade e agradecemento.
O mes de Maio soa tamén a fin de curso, e preinscripción para o seguinte. A formación afecta a tódalas idades e a tódolos ámbitos da persoa. Dentro da nosa axenda para o vindeiro curso non nos esquezamos de adicar un momento á semana para a nosa formación de identidade cristiá. Simplemente é unha posta ó día do noso espírito. A mensaxe de Xesucristo refrixera tódalas dimensións persoais: intelectual, física, social e espiritual.
Preinscríbete na túa parroquia como animador, catequista ou como suxeito-receptor de mensaxe.
Unha aperta.
Benjamín
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!