lunes, 2 de abril de 2012

A PALABRA DE DEUS (4)


Cómo se escribiu a Biblia

Foi un proceso lento que durou moitos anos, a partir de:

1. Acontecementos da historia do podo de Israel con acertos e erros, luces e sombras, pecado e graza.

2. Coa lectura crente da súa historia o pobo foi descubrindo a man de Deus que o amaba e o escolleu para establecer con el unha alianza de salvación e unha esperanza que foi avanzando no tempo.

3. Esa lectura crente foise transmitindo oralmente de pais a fillos con gran fidelidade, como un tesouro, como unha memoria continua da actuación de Deus a favor deles.

4. En pequenos documentos escritos foise recollendo esa tradición oral que lían nas reunións ou lles servía para orar.

5. Deste xeito foise avanzando na composición dos diferentes libros con relatos recollidos, unidos e elaborados por diferentes autores ata chegar aos libros que temos hoxe e que a Igrexa nos presenta como revelados e como Palabra de Deus.

O Tempo de Coresma pódese converter nun tempo de especial dedicación á lectura da Biblia para ir descubrindo ese camiño que Deus nos presenta e ir mellorando en actitudes persoais de conversión.

A Palabra móstranos o camiño de reencontro con Deus e cos irmáns. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!