domingo, 11 de marzo de 2012

UNHA CORESMA SINXELA

Vive sinxelamente para que outros, sinxelamente, poidan vivir:

1.- Vivir sinxelamente é non necesitar ter moitas cousas para ser feliz, non caendo no consumismo nin nas modas que nos obrigan a comprar o novo, o último.

2.- Vivir con sinxeleza é ter máis alegría ao dar, ao compartir, que ao recibir.

3.- Vivir con sinxeleza é encher o teu corazón de amizade, de cercanía e de encontro humano cos demais.

4.- Vivir a sinxeleza é crer que a túa valía e dignidade están no que es como persoa e non no que tés ou na posición social que ocupas.

5.- Vivir a sinxeleza é solidarizarse con tantos irmáns e irmás que viven inxustamente na pobreza e na necesidade.

6.- Vivir a sinxeleza é traballar para vivir e non vivir para traballar.

7.- Vivir a sinxeleza é gozar dos innumerables regalos que a vida, a natureza, che ofrece constantemente cada día, e que pasan desapercibidos para a maioría da xente.

8.- Vivir a sinxeleza é respectar e coidar a natureza coa túa forma de vivir, reciclando, reducindo o consumo innecesario.

(CÁRITAS, Campaña institucional, 2011-2012)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!