A Palabra de Deus, contida na Biblia, é un elemento fundamental para o
sostemento e a maduración na fe.
Como diciamos anteriormente, mantén viva a esperanza e dá sentido ao
noso peregrinar, moitas veces cheo de dificultades. Ao tempo que nos fai caer
na conta dos erros que cometemos ao decidir as prioridades na nosa vida.

Diciamos na entrada anterior que a Biblia se divide en dúas grandes
partes: Antigo e Novo Testamento, segundo sexan os seus “libros” anteriores ou
posteriores a Xesús.
Avancemos un pouco máis:
Na misa dominical, normalmente a primeira lectura tómase de A.T. (non
sempre) e entre todas (tres mais o salmo) hai unha idea común, o cal nos indica
que entre os diferentes libros hai unidade de mensaxe.
Na Biblia é necesario distinguir:
l. O que é historia, relatos nos que se proclama a acción salvadora de
Deus no curso da historia humana, sentido que tiveron os feitos para o pobo e
cómo foron vividos.
2. O que é a linguaxe literaria, formas de expresión culturais que
utilizaron os autores para comunicar a súa mensaxe: historias, lendas,
oracións, poesías, parábolas...
3. O que é verdade relixiosa, coa finalidade de transmitir o plan de
salvación de Deus sobre o home e o mundo, non como coñecementos científicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!