lunes, 19 de marzo de 2012

A PALABRA DE DEUS (2)


O Antigo Testamento consta de 46 libros:
Pentateuco, 5 libros que contan a orixe do mundo e do Pobo de Israel.
Históricos, 12 libros que narran acontecemenstos do pobo na súa relación con Deus.
Didácticos, 4 libros que relatan a vida dalgúns personaxes importantes.
Proféticos, 17 libros que presentan aos profetas falando ao pobo en nome de Deus.
Poéticos, 3 libros con poesias, oracións e cánticos de gran beleza literaria.
Sapienciais, 5 libros con reflexións, consellos, ditos e refráns que orientan a nosa vida diaria e de fìdelidade a Deus.

O Novo Testamento consta de 27 libros:
Evanxeos, 4 libros que presentan a vida e misión de Xesús.
Feitos dos Apóstolos, que describe cómo a Igrexa comeza a estenderse no mundo. 
Cartas, 21 libros con escritos dos apóstolos para animar aos cristiáns das prímeiras comunidades.
Apocalipse, que anuncia a volta de Cristo, un ceo novo e unha terra nova.
Se os comparamos co A. T., os Evanxeos máis os Feitos son libros históricos, as Cartas son didácticos e o Apocalipse, profético.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!