O mércores, 22 de
febreiro, comezou o tempo coresmal; corenta días de camiño pascual que nos
levan aos cristiáns á meta dos grandes misterios da paixón, morte e
resurrección de Xesús.
A coresma é unha
invitación profunda a renovarnos ou a modificar aquelas actitudes ou condutas
que non son propias dun discípulo de Xesús. A Igrexa propón que o xaxún, a oración
e a esmola nos axudan a entrar neste clima de renovación e conversión.
A miña proposta
consiste en actualizar, ós tempos novos, novas maneiras de andar este camiño
coresmal. Suxiro unhas cantas: O xaxún, non tanto como renuncia a certas
comidas en función da idade, senón como renuncia dun benestar alimenticio que
moitas persoas próximas e non tanto non teñen.
A oración,
buscando tempos e espazos para entrar en relación con Deus; deixar que Deus nos
fale, e logo falar nos con El. Que non pase unha xornada sen dedicar un tempo a rezar ben
privadamente ben celebrando a Eucaristía. Oración de acción de grazas, oración
de loanza, oración de petición. A oración tamén ten que ser horizontal, isto
quere dicir que débenos levar a unha relación de paz, de perdón e de
solidariedade cós irmáns.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!