CATEQUESE DA XORNADA DE 4 MARZO 2012
“¡Mestre, que ben estamos
aquí! Imos
facer tres tendas: unha para ti, outra para Elias e outra para Moisés” -Mc 9, 2-10
DO MONTE SINAÍ AO MONTE TABOR
Lei mosaica: 10 mandamentos
“Amor a
Deus e aos irmáns”
O primeiro
que lle di Deus a Moisés: “Eu son o Señor, o teu Deus, que te saquei da terra
de Exipto, da condición de escravitude” (Ex 20, 1-8).
Esa
liberación supuxo 40 anos de vida nómada, moitas veces errática, ata que a Lei
recibida no Sinaí foi conformando a idea dun pobo fiel. “Errando polo
deserto solitario, non atopaban camiño de cidade habitable” (Sal 107,4).
Un camiño
da escravitude á liberación da man de Deus: “Fortaléceo nunha terra de deserto,
nunha soidade de ouveos engórdao, rodéao de coidados e aténdeo, protéxeo como a
meniña do seu ollo” (Dt 32,10); que remata nunha nova terra de abundancia
prometida: “Vou baixar e libralos do poder dos egipcios, e levalos desta terra
a unha terra boa e largaría, terra que deita leite e mel…” (Ex 3,8).
Despois que
Moisés lle contou ao pobo o que o Señor lle dixera, o pobo respondeu: “Faremos
todo o que dixo o Señor” (Cf.: Ex 24, 3).
A Deus
sobre todo…” Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con todas as
túas aspiracións e con toda a túa forza” (Dt 6,5).
Lei nova “mandamento novo”
“Douvos un
mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre
vós. Niso coñecerán todos que sodes os meus discípulos: se vos tedes amor uns a
outros” (Xn 13, 34-35).
Ese amor
chega ata amar aos inimigos (Mt 5, 43-48).

“Amarás o
Señor, o teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu
entendemento. Este é o mandamento primeiro e máis grande. O segundo é
semellante a el: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Destes dous mandamentos
dependen a Lei enteira e mais os profetas” (Mt 22, 37-40).
Ata
podiamos dicir que toda Lei vén sendo coma un só mandamento.
Os mandamentos da Igrexa
A parroquia
danos facilidades para volver a Deus e anúncianos que estamos nun tempo de
graza, no que Deus nos lembra que é o único, o noso Deus. A Coresma é iso, unha
nova oportunidade de reencontro co Pai de misericordia (Cf.: Lc 15, 11-32).
O domingo,
día 25, teremos a celebración comunitaria do Sacramento da Penitencia, un
verdadeiro reencontro con Deus.
Por unha
parte, enténdese como preparación inmediata ás solemnes celebracións de Pascua
(Paixón, Morte e Resurrección de Xesús), e por outra, a considerar que xa que
Deus nos amou primeiro, nós temos necesidade de amalo, por iso nos volvemos a El
e nos reencontramos cos irmáns.
Segue en pé
a nosa obriga de facer penitencia, especialmente os venres de Coresma, como
sinal de conversión. Como consecuencia da nosa austeridade de vida ou das nosas
pequenas privacións nace a mellor oportunidade de axudar aos pobres e aos que
sofren, compartindo os nosos bens ou o noso tempo.
Outra
alternativa é a oración persoal e comunitaria así como a lectura da Palabra de
Deus.
Todo isto
está contido no Catecismo da Igrexa
Católica.
*
Imaxes tomadas prestadas de:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!