
Está constituído por un grupo de mozos e mozas entre 16 e 18 anos que, xunto con outros grupos parroquiais, se preparan para recibir o Sacramento da Confirmación desde un compromiso persoal e voluntario de fe.
Trátase de ir mellorando nese compromiso a través da reflexión sobre a vida iluminada pola Palabra de Deus.
Reúnese todos os domingos de 11 a 12 nas instalacións da parroquia e está aberto á participación dos que se queiran preparar para recibir ese Sacramento que se administra cada ano na parroquia o día de Pentecoste.
Catequese da xornada do 15 xaneiro 2012
Madurar na fe

A fe puidera parecerse a unha semente que se debe cultivar en terreo axeitado con determinados coidados. A Palabra de Deus é o seu mellor referente, especialmente o Novo Testamento pola proximidade no tempo e pola maior facilidade de comprensión e, sobre todo, os Evanxeos, porque nos transmiten a Boa Nova de Xesús.
A Palabra de Deus convócanos a orar.
A fe soe nacer no ámbito familiar ou parroquial polo que o valor comunitario é moi importante.
Ten dúas direccións: Deus que nos fala, se manifesta e nos orienta, e nós que respondemos poñendo en práctica o que nos manifesta, especialmente vivindo en fraternidade (fillos de Deus) e en experiencia permanente de amor.
Catro situacións (polo menos) ou momentos importantes:
A familia
O grupo
A parroquia
A sociedade
Medrar na fe
“Samuel ía crecendo; o Señor estaba con el e non deixou sen cumprimento ningunha palabra súa” (1Sam 3,19).
“Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en graza diante de Deus e mais dos homes” (Lc 2,52).
A fe un reto
Orientar a nosa vida no ámbito da fe é para valentes, pero ofrece un optimismo de esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!