viernes, 24 de febrero de 2012

CÁRITAS INVÍTACHE

O 22 de febreiro comezamos o Tempo de Coresma no que, unha vez máis, Xesús nos  invita a facer penitencia por medio da Igrexa.

A mellor penitencia podería ser practicar as Obras de Misericordia, accións caritativas mediante as cales axudamos ao noso próximo nas súas necesidades corporais ou espirituais. Instruír, aconsellar, consolar, confortar, son obras espirituais de misericordia, como tamén o son perdoar e sufrir con paciencia. As  obras  de misericordia corporais consisten especialmente en dar de comer ao famento, dar teito a quen non o ten, vestir ao espido, visitar aos enfermos e aos que están na cadea, enterrar aos mortos.

Entre estas obras, a esmola dada aos pobres  é un dos principais testemuños da caridade fraterna; é tamén unha práctica de xustiza que agrada a Deus (Catecismo da Igrexa).

Por iso desde Cáritas invitamos  a todos a intensificar a caridade neste tempo de conversión. A mellor penitencia pode  ser acompañar no sufrimento ou na soidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!