martes, 21 de febrero de 2012

CAMIÑAMOS COA CORESMA

Dámosche grazas, Señor, porque durante o tempo da Coresma ofrécesnos a oportunidade de cambiar a nosa vida co xaxún, a oración e a esmola. Cánsanos e aburre escoitar continuamente as fatais predicións de falsos profetas que pouco a pouco condicionan a nosa vida. 

Axúdanos a tomar a nosa vida  sen influenzas externas coa liberdade que nos dá beber, só, da auga fresca do teu Evanxeo. Aínda que ás veces non che somos fieis, por iso, Señor, confiamos en que nos acollas cando con humildade recoñecemos as nosas faltas perdoando, ao mesmo tempo, as ofensas dos demais. Fainos persoas austeras no noso día a día, máis xenerosas con quen máis o precisa. Que non nos custe compartir o diñeiro nin todo aquilo que nos caracteriza como cristiáns: a fe, o amor, a irmandade, a amizade, a xustiza, o traballo... coa fin de construír un mundo onde todos poidamos vivir dignamente.

Señor, axúdanos a deixar “os baleiros” na nosa vida para enchelos do teu Espírito e facer así o camiño de conversión mirando á túa próxima Pascua.

Carme Gomá 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!