martes, 3 de enero de 2012

PASARLLE A FE ÓS TEUS NENOS?

Permitídenos algúns consellos para levar a cabo a vosa tarefa como educadores da fe dos vosos nenos, tendo ben claro que estes consellos nin son todos, nin os únicos e que vós tedes suficiente sentido común para completalos:

• Iniciar no coñecemento dalgunhas verdades e símbolos elementais da nosa fe.

• Espertar a admiración o cariño e a adoración a Xesucristo, falando del con agarimo e veneración.

• Iniciar no sentido da oración e ensinarlles, rezando con eles as primeiras oracións da Igrexa.

• Estimular actitudes de respecto aos demais, de xenerosidade e de servizo coma os que Xesús viviu e desexa de nós.

• Ensinarlles a valorar a catequese tanto coma outras actividades que se lles poidan ofrecer.

• Interesarse polo que fan e como lles vai na catequese. Ver nos catecismos e materiais a parte que toca á familia.

• Cambiar impresións cos catequistas ou co sacerdote.

• Esforzarse porque sexan constantes na asistencia.

• Participar habitualmente cos eles na Eucaristía dominical, coincida ou non coa catequese.

• Facer o posible por participar en reunións de pais ou encontros, onde os haxa.

• Evitar que se asocien vacacións escolares con vacacións de vivencia relixiosa.

Apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!