
Pedímosche que tamén nós esteamos dispostos coma Ti a querelos, a ter paciencia con eles, a sacrificamos por servilos e a colaborar á súa alegría e ao seu ben con xenerosidade.
Axúdanos a transmitirlles con acerto e a ensinar/les a valorar coma un tesouro a fe en Ti, no Pai e no Espírito Santo e a ledicia de sentirse membros da túa Igrexa.
Que saibamos respectar todos os seus dereitos e orientalos para que tamén eles respecten os dereitos dos demais.
Que atinemos a transmitirlles optimismo ante o futuro e respecto pola vida.
Que coa nosa palabra e o noso exemplo os eduquemos nos verdadeiros valores, de maneira que poidan vivir dignamente neste mundo e alcanzar a plenitude dos bens eternos.
Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!