domingo, 8 de enero de 2012

CARTA AOS REIS MAGOS

Queridos Reis Magos: Xa non son un neno pero sigo tendo a ilusión dos nenos.  Espero que chegue o 6 de Xaneiro xa que confio en que ides cumprir os meus desexos. Esta carta, que hoxe fago blica, xa lIa presentei o a de Nadal a Xesús, a  Maa e a Xo. Confio que vola farían chegar.

Pedíavos que usarades a vosa maxia para convencer aos poderosos e aos ricos de que  canto máis compartan máis felices serán, poi s verán aos sen teito, aos famentos, aos  sen traballo, aos enfermos, aos nenos moito máis felices porque recuperaron a alegría grazas a que os ricos deixaron de ollar para ás súas riquezas e se fixaron na xente  que estaba a sufrir. Estou seguro de que poñeredes toda a xente que vos rodea a con-  seguir esta petición.

Tamén vos pido moita alegría, moita, para os que están tristes. Hai moita xente que  perdeu hai tempo o sorriso, Penso que nunca o debean perder pero sí, xa non rin. O  peor é que, como todo se contaxia tamén deixaron de sorrir os seus familiares, os seus  veciños, os compañeiros e amigos. Están todos con cara triste e como enfadados. Eu  pensei que, co nacemento de Xesús, ían vivir máis contentos, pero estou vendo que  non é así, que pasou Nadal e Aninovo e seguen tristes.

Pedíavos outra causa máis: Traédelle saúde aos enfermos. Coñezo moitos enfermos  e queren recuperar a súa saúde. Xa sei que hai médicos, enfermeiras e hospitais moi  bos pero con isto da crise económica estamos moi preocupados. Trdelle tamén  unhas pastillas de ánimo para todos eles e para os seus familiares.

Espero que aínda que o día 6 de Xaneiro non vexa cumpridas as miñas peticións, que,  ao longo do ano 2012, vaian chegando os vosos regalos e a vosa maxia.

Grazas, maxestades.

Benjamín

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!