Comezamos un novo ano, un aninovo que se nos presenta invitándonos á esperanza, non unha esperanza de brazos cruzados senón unha esperanza activa. Somos invitados a facer un mundo distinto, preocupados por unha sociedade máis xusta, na que desaparezan as fronteiras do egoísmo, de querer ser máis ca o outro.

A actitude máis propia do Advento é a de estar vixiantes, estar atentos á Boa Nova que un ano máis nos chega na figura dun Neno. En algo tan indefenso e dependente como un neno preséntasenos a nova oportunidade de facer un mundo novo. Nesa imaxe tan especial preséntasenos Deus en forma humana.
Unha maneira de esperalo pode ser en preparar o noso corazón facendo máis sensible á acollida. ¿Aparecerá Xesús en formal de neno, en forma de ancián, de enfermo, de parado, de algún familiar ou veciño coque no me trato? Unha cousa é segura, que o Señor nacerá con figura humana. Preparemos o Belén do noso corazón.
¡Aproveitemos esta nova oportunidade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!