miércoles, 14 de diciembre de 2011

EN TEMPO DE CRISE REZAMOS EN BELÉN

Cansos, moi cansos, chegamos a Belén. O camiño foi duro e perigoso. Pasamos por terras difíciles. Todas sufrían os efectos da insolidariedade. Por todas partes oíanse críticas e queixas, cunha mesma frase: "estamos en crise". Pero tamén se escoitaban anuncios de superación e de cambio. Non somos Reis Magos. Somos un grupo de dez persoas feridas pola crise:

Aquí está un mozo no paro. Ofréceche, Xesús, as súas mans atadas.

Aquí un pobre famento. Ofréceche, Xesús, o seu baleiro e a súa miseria.

Aquí un home endebedado. Ofréceche, Xesús, as súas débedas.

Aquí unha muller enganada. Ofréceche, Xesús, a súa impotencia e a súa vergoña.

Aquí un profeta cansado. Ofréceche, Xesús, as súas loitas e esperanzas.

Aquí un político desbordado. Ofréceche, Xesús, o seu desengano.

Aquí unha moza desilusionada. Ofréceche, Xesús, os seus soños rotos.

Aquí un ancián abandonado. Ofréceche, Xesús, a súa soidade.

Aquí un enfermo desatendido. Ofréceche, Xesús, os seus sufrimentos.

Eu preséntome como un cidadán. Ofrézoche, Xesús, as insatisfaccións e soños do pobo.

Viñemos ata aquí, Xesús, porque cremos en ti. Sabemos que es o Deus que ama o noso mundo. E se ti, Deus neno, nos amas, estamos salvados. Ti es a Salvación e o Camiño para salvarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!