domingo, 27 de noviembre de 2011

¿UNHA SOCIEDADE MÁIS HUMANA É POSIBLE?

Segundo os datos que nos chegan, o día 31 de Outubro, chegamos a unha cifra record de sete mil millóns de habitantes no mundo. Por outra banda, o mesmo día 31, lía nun libriño o seguinte: “Ás inmensas posibilidades da ciencia e da técnica conseguen aliviar os sufrimentos, suprimir a fame, nunha familia humana que medra en proporcións endexamais coñecidas.

Estes grandes medios non bastan, por indispensables que resulten:se un bo día, nos espertaramos en sociedades funcionais, altamente tecnificadas, pero nas que se apagara a confianza da fe, a intelixencia do corazón, unha sede de reconciliación, ¿cal sería o futuro da familia humana?”.

Son cifras e constatacións que teñen que facernos pensar. É esta unha realidade que temos moi pretiño de nós. Si tivésemos que elixir, por qué sociedade optariamos: unha sociedade sen internet, sen teléfonos móbiles, sen coches, etc., ou unha sociedade sen unha escala de valores?

Creo que se pode vivir nunha sociedade na que a técnica e a ciencia estea ao servizo dunha humanidade solidaria, xusta, necesitada,sen traballo, enferma, etc.

Se pensamos que só os nosos gobernantes o van a facer así seguiremos esperando e non veremos cumpridos os nosos desexos.Se ti e máis eu, se todos empezamos a facelo realidade, pouco apouco conseguiremos que a sociedade sexa máis humana.

Xa dariamos un paso importante se madurásemos nesta reflexión e pouco a pouco a fixeramos realidade.

Empecemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!