lunes, 7 de noviembre de 2011

A PALABRA DE DEUS E A COMUNIDADE PARROQUIAL


Un ano máis preséntasenos un reto persoal e comunitario: Vivir a experiencia da fe, como crentes, sendo testemuñas da fe que profesamos e luz de Xesús na comunidade na que vivimos e da que formamos parte. Toda esta experiencia non será posible facela vida se non nos alimentamos na Palabra de Deus, nos sacramentos, e se non a vivimos en comunidade. Teño que aclarar que unha cousa é chamarse crente e vivir esta fe illada- mente, e outra ben distinta é vivir esta fe na comunidade da Igrexa.

Este ano, o pasado 17 de Setembro, fomos invitados polo Sr. Arcebispo a participar na Asemblea diocesana, centrada na Palabra de Deus como fonte de vida: "Señor, Ti tés palabras de vida eterna".

Somos conscientes de que a crise de valores que estamos a vivir e a sufrir non se dá porque as persoas sexamos malas ou peores que noutros tempos. Tamén, como cristiáns, temos que ser conscientes de que non sairemos desta crise se non recuperamos a escala de valores xurdida de Deus e manifestada na súa Palabra e en Xesucristo.

Por todo isto dedicaremos este próximo trienio á Palabra de Deus, como motor da nosa Pastoral diocesana e parroquial:
  • A Palabra de Deus anunciada (2011-2012): A Igrexa convocada pola Palabra.
  • A Palabra de Deus celebrada (2012-2013): A Igrexa congregada pola Eucaristía.
  • A Palabra de Deus testemuñada (2013-2014)A Igrexa conducida ó testemuño e a caridade.

A Palabra e a Igrexa, a Igrexa e a Palabra é un binomio inseparable. A nosa parroquia, comunidade eclesial, debe beber desta fonte para des- cubrir a importancia der ser testemuño humilde pero vivo na sociedade. 

Unha aperta. ¡Necesítovos!

Benjamín

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!