jueves, 30 de junio de 2011

MES DE SAN XOAN

Cando se acerca o mes de Xuño son moitos os sentimentos que xorden en nós: para os estudantes é o momento cumio do curso; para as familias, coa chegada do verán, reláxanse un pouco máis as costumes: saídas, praia, sendeirismo, excursións, festas e celebracións familiares, etc., parece como se co aumento de horas diurnas quixeramos disfrutar máis do tempo de lecer.

Este ano, ademais, no mes de San Xoán, e dada a celebración tan tardía da festa de Pascua (24 de Abril), as festas posteriores celé- branse todas en Xuño: a Ascensión do Señor (día 5), a solemnidade de Pentecoste (día 12), a Stma. Trindade (día 19) e a solemnidade de Corpus Christi (día 26). Todas estas festas cristiás, ademais da súa propia mensaxe, sempre van acompañadas de celebracións sacramentais, ademais da eucarística: confirmacións e primeiras comuñóns, amén de festas en moitas das nosas parroquias.

¿Por que non aproveitar todas esta circunstancias para medrar en valores humanos e cristiáns? Hoxe que tanto falamos e notamos a falta de valores, debemos aproveitar tódolos acontecementos propicios para encontrarnos con nós mesmos, para medrar como persoas e persoas solidarias, para madurar como persoas cristiás. O mes de Xuño preséntanos ocasións favorables para todo isto. En resumo: Ó remate do curso toca avaliarnos e programarnos de cara ao verán e ao novo curso.

Recordemos, ¡Deus non colle vacacións! 

martes, 14 de junio de 2011

A PALABRA

No mes de xuño temos moitas celebracións moi solemnes, aínda dentro do tempo pascual.

Algunhas teñen un significado especial dentro da nosa parroquia xa que celebraremos as Confirmacións dalgúns mozos e a Primeira Comuñón de moitos nenos.

Con todo, queremos subliñar aqueles aspectos máis significativos das celebracións litúrxicas desas datas.
A festa de Pentecoste lémbranos a presenza real do Espírito Santo en nós, por canto a súa presenza fortalece a nosa fe e mantén viva a unión e fraternidade entre todos. O Espírito de Deus mantense en nós desde o bautismo, pero especialmente desde que recibimos o sacramento da confirmación, por iso e moi oportuno recordar nesta ocasión a importancia deste sacramento que, desde antigo na Igrexa, mediante a “imposición de mans” á que máis tarde se engadiu unha unción con óleo perfumado (crisma), nos concede unha forza especial do Espírito Santo para difundir e defender a fe mediante a palabra e as obras, como verdadeiras testemuñas de Cristo, para confesar valentemente o seu nome e para non sentir nunca vergoña da cruz.

É por tanto un sacramento moi importante para que o promovamos entre os nosos mozos e mozas dentro das familias. Ademais completa o conxunto dos sacramentos de iniciación cristiá.

Tamén a celebración da festa da Santísima Trindade e a do Corpo e Sangue de Cristo teñen un significado especial, porque nelas celebramos os grandes misterios da nosa fe: Deus que permanece ao noso carón de xeito providente, coidándonos e amándonos, e Xesús que se converteu en alimento para o camiño é signo evidente de amor fraterno, de servizo e de compartir, incluso o pan de cada día.