
Toda a liturxia pascual invítanos a vivir esperanzados: a cor branca da liturxia, as flores, os cantos son expresión gozosa da nova vida pascual. Toda esta experiencia, reforzada na Palabra de Deus e no alimento eucarístico, temos que compartila e comunicala como as mulleres cando descubriron o sepulcro baleiro, e
correron a comunicar “o que viran e escoitaran”.
Queridos fregueses e lectores: vivir a Pascua de Resurrección é algo tan importante que se non o fixeramos seriamos como dí o Apóstolo Paulo: “dignos de lástima”. “Se Cristo resucitou dentre os mortos e isto
é verdade” corramos a comunicalo con palabras e feitos.
Benjamín
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!