Este tempo pascual é un encontro reiterado con Xesús resucitado e vitorioso.

As lecturas de Feitos dos Apóstolos cóntannos cómo era a vida dos primeiros cristiáns que vivían en comunidades fraternas ata o punto de ter todo en común e de compartir os bens para que ninguén pasase necesidade.
O Apóstolos dicíanlles, con valentía, que o Xesús que eles crucificaran a pesar dos milagres e sinais que fixera, Deus resucitouno vencendo a morte.
Pedro invítanos a arrepentirnos e cambiar de vida para aproveitar a salvación que nos chega de Xesús. Tamén se dá conta de que os Apóstolos buscaron colaboradores elixindo a 7 diáconos que lles axudaran para atender aos pobres e necesitados, para que eles se puideran dedicar integramente a anunciar a boa nova de Xesús e bautizar aos que crían nel, que eran moitos.

Debemos aceptar o sufrimento a imitación de Xesús na cruz, cando se presente, e ser pedras vivas na construción do noso propio templo espiritual. E por riba de todo debemos manternos fieis aínda que o cumprimento do deber nos esixa sacrificio.
Nestas lecturas hai diferentes consellos que orientan a nosa vida cristiá.
Nos relatos evanxélicos aparecen varias aparicións de Xesús despois de resucitado, alentando a nosa fe nel. Xesús vive.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!