martes, 17 de mayo de 2011

MES DE MAIO, MES DE MARÍA

Dende sempre se veu celebrando, nas nosas comunidades parroquiais o mes de maio como mes de María. Un mes cheo de vida e colorido, e mes de María coa festa da Virxe de Fátima (día 13) e coa Visitación da Virxe María á súa curmá Sta. Isabel (día 31). Esta tradición vese hoxe reforzada coa celebración do día da Nai o primeiro domingo.

Xuntando todas estas coincidencias convértense nunha oportunidade para ver na nai María, a presenza da vida, do agarimo, da xenerosidade, da entrega, da presenza permanente nas alegrías e nas tristuras. Todas estas presenzas só deben ter unha actitude permanente, por parte dos fillos, de recoñecemento e gratitude.

A nai natureza, a nosa nai biolóxica e a nosa nai María son tres nais ás que debemos querer, respectar e agradecer todo canto nos brindan tan xenerosamente e sen esperar nada. Isto chámase gratuidade. A nosa actitude só debe ser recoñecemento. Unha natureza primaveral exuberante saúdanos coa súa cor e a súa fresca fragancia, para que valoremos a natureza e a vexamos como a obra de Deus que nós debemos coidar para entregar louza- na ás novas xeracións.

A nosa nai, que nos transmitiu a vida, o seu agarimo e os seus coidados nos primeiros momentos, que logo nos orientou polos camiños da vida, que nos foi modelan- do, que nos iniciou na fe ou rezou moitas veces por nós, tamén ten que ser correspondida agora co mesmo amor e cariño, non só nun día tan comercial senón todos os días do ano.

María, por outra parte, a Nai intercesora, modelo de virtudes, exemplo de xenerosidade e servizo vai- nos marcando o camiño cara a Xesús. Acompáñanos sempre incluso nos momentos difíciles como fixo con Xesús ao pé da cruz. ¡Roga por nós! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!